Aquí tendes algunhas imaxes da nosa escritora máis ilustre...
martes, 16 de febrero de 2016
Músicas para Rosalía
Deixamos unha selección de músicas para os versos da nosa Rosalía cxs intérpretes máis destacados da nosa música...
Coñecendo a Rosalía
Aquí temos varias presentacións que circulan pola rede...
ROSALIA DE CASTRO
ROSALIA DE CASTRO
View more presentations or Upload your own.
lunes, 8 de febrero de 2016
Rosalía Pequeniña
E aquí tedes esta música linda do libro disco Rosalía pequeniña cantada pola voz da cantora Uxía para comezar a descubrir á nosa autora máis especial...
Para qué a poesía?
Para
qué a poesía?
- para liberar ás palabras.
- para vestir os soños.
- para crear novos mundos.
- para reinventar os acontecementos.
- para buscar flores no medio da cinza.
- para facer máis intensa a vida.
- para descubrir talentos.
- para transformar pensamentos.
- para facer posible o imposible
Na
poesía non contamos, amosamos o mundo a través dos nós mesmxs. Non hai paxaros
na poesía senon aves fecundas cheas de cores, non hai ceos na poesía senon teitos
de estrelas, non hai tristura senon horas frías
na poesía, hai mares con sereas en lugar de praias.
Neste
obradoiro de poesía creativa, coñeceremos a poesía a través dos versos da nosa
escritora máis ilustre, a nosa Rosalía. Vestiremos as palabras con roupas
coidadas e crearemos novos mundos cas letras.
Este
será o noso caderno de bitácora onde iremos pendurando as nosas aprendizaxes e creación…comezamos?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











