lunes, 8 de febrero de 2016

Para qué a poesía?



 
Para qué a poesía?

  •  para liberar ás palabras.
  • para vestir os soños.
  • para crear novos mundos. 
  •  para reinventar os acontecementos.
  •  para buscar flores no medio da cinza.
  •  para facer máis intensa a vida.
  • para descubrir talentos. 
  •  para transformar pensamentos.
  • para facer posible o imposible



Na poesía non contamos, amosamos o mundo a través dos nós mesmxs. Non hai paxaros na poesía senon aves fecundas cheas de cores, non hai ceos na poesía senon teitos de estrelas, non hai tristura senon horas frías  na poesía, hai mares con sereas en lugar de praias.

Neste obradoiro de poesía creativa, coñeceremos a poesía a través dos versos da nosa escritora máis ilustre, a nosa Rosalía. Vestiremos as palabras con roupas coidadas e crearemos novos mundos cas letras.

Este será o noso caderno de bitácora onde iremos pendurando as nosas aprendizaxes e creación…comezamos?

No hay comentarios:

Publicar un comentario